30 Aniversario da Asociación

No ano 2008 celebramos o noso 30 aniversario cun acto especial.

Aproveitamos a ocasión para recopilar información de todos estes anos e, con esforzo, logramos a edición do libro "Saiáns de onte a hoxe".

O libro recolle a historia de Saiáns e da Asociación Veciñal dende o nacemento desta ata o 30 aniversario, acompañada de fotografías dos lugares e da xente.