A Comunidade de Montes de San Xurxo nace en 1995 como organismo necesario para a defensa e xestión do patrimonio comunal de Saiáns. Está fortemente vinculado a Asociación veciñal.

Ten múltiples funcións entre as que destacan a de xestionar o mantemento, limpeza e aproveitamento dos recursos forestais.

Para logralo faise un estudio a corto e a longo prazo e unha división zonal na que se fan plantacións de distintas especies autóctonas.


Ademáis da axuda que proporciona o Concello de Vigo mediante a destinación de fondos aos diferentes plans de emprego, en Saiáns contamos con "Amigos do monte", que é o nome que se lle da ao grupo de colaboradores que se reunen de cando en vez para traballar e acadar os obxectivos propostos pola comunidade, como a erradicación da acacia, limpieza de sendeiros e minas de auga...

ENTIDADE MEMBRO DE:

Amigos do monte

Micoloxía