Estudo da toponimia da parroquia de Saiáns, realizado polo profesor Gonzalo Navaza Blanco a partir dos topónimos recollidos polo arqueólogo Roberto Rodríguez Álvarez en traballo de campo executado no inverno de 2009-2010. Cos resultados desta pescuda, o profesor Navaza confeccionou unha base de datos adaptada ao modelo do Proxeco Toponimia de Galicia.


Os informantes de Saiáns foron: Antonio Dacosta Roade, Carlos Sanromán Comesaña, Emilio Ángel Moreira Fernández (O Moreira), Esmenia Costas Álvarez, Gabino Roade Gallego, Humberto Amoedo Rodríguez (Tito o Marisco), Jorge Raúl González Álvarez, José Trigo Comesaña, José Luis García Alonso, Josefina Pérez Sanromán, María Emilia Rocha Sanromán (Maruja a Trancalleira), María Julia Comesaña Goberna, Silvia Roade Fernández.


Ao tratar dalgúns topónimos faise referencia a certas tradicións orais  e outros datos de carácter etnográfico ou histórico conservados na memoria colectiva local, que lle foron fornecidos a Roberto Rodríguez Álvarez por estes mesmos informantes.


Esta primeira aproximación ao estudo da toponimia de Saiáns é parte do traballo de documentación incluído no proxecto de valorización do Castro de Estea e da súa contorna impulsado pola Comunidade de Montes de Saiáns e realizado polo Instituto de Estudios Miñoranos.