Datos Saiáns

 

 

O Corpus veciñal da Parroquia de Saiáns está formado por 29 pequenas entidades, algunhas delas historicamente emblemáticas: As Medoñas (Estea), O Outeiro, O Castañal ou Apeadeiro, Radio Costeira, Orxás, Garcías, Cova da Barxa, Cova da Becha, Fontán, Volta, Cal do Outeiro, etc. Todos os barrios medraron e algúns deles cobraron protagonismo polo desexo da xente de vivir en Saiáns. Entre eles podemos salientar: Portiño, Fortiñón, Vilaverde, Tomada, Pinal, Gondufe, San Xurxo.

 

A poboación ao día de hoxe é de 1.072 habitantes. En 1978, data da creación da Asociación Veciñal, seriamos daquela  a metade de veciños/as e habitantes de hoxe.

 

No último medio século experimentou Saiáns un cambio cuantitativo e cualitativo de singular importancia. De parroquia mainamente rural, con pequenas entidades dispersas de poboación, estendidas entre o mar e a ladeira do monte, estamos pasando a un Saiáns marcadamente residencial. Dun catastro polos anos 1970 que contaba dunhas 250 casas, a mor delas de materiais e estilo actual.

 

Do rural atlántico pontevedrés, foise pasando, a unha ocupación continua e mesurada da maior parte do territorio parroquial. Construíuse mormente naqueles terreos que non opuñan especial resistencia a ser ocupados como solares. Hoxe Saiáns dobrou o censo catastral e os predios son na súa maioria de tipo residencial.